Saltar ao contido

BeBe & CeCe Winans

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
BeBe & CeCe Winans
OrixeDetroit, Míchigan, Estados Unidos de América Estados Unidos
Período1982–1996, 2009 (reunión)
Xénero(s)gospel, música cristiá e R&B
Selo(s) discográfico(s)Sparrow Records, Capitol Records, EMI
MembrosBeBe
CeCe Winans
Na rede
Last fm: Bebe+&+Cece+Winans Musicbrainz: 471f35c4-5641-4f98-9108-afb841af5692 Songkick: 466730 Discogs: 54057 Allmusic: mn0000152973 Editar o valor en Wikidata

BeBe & CeCe Winans é un dúo de irmáns estadounidenses cantantes de música gospel, BeBe (Benjamin) e CeCe (Priscilla) formado en Detroit, Míchigan.

Carreira musical

[editar | editar a fonte]

Mentres BeBe e CeCe estaban na escola, catro dos seus irmáns máis vellos formaron o grupo musical gospel de éxito The Winans. Inicialmente coñecidos como The Winans Part II, BeBe e CeCe apareceron por primeira vez ós ollos do público en 1982 como parte do grupo musical The PTL Singers na televisión cristiá The PTL Club Show. Eles foron introducidos por Jim Bakker, e gravaron o seu primeiro álbum "Lord Lift Us Up" como un dúo para PTL Records.

Co lanzamento do seu segundo LP Heaven, que se mantivo popular entre audiencia, xerando 12 sinxelos de éxito de R&B e dous sinxelos n° 1, o dúo converteuse no primeiro evanxélico en ver o seu álbum chegar ó primeiro lugar en vendas nas listas da Billboard en 1988. A canción que titulou o álbum tamén chegou ó número 12 nas listas de sinxelos Billboard R&B.[1]

Outros éxitos do álbum inclúen "Lost Without You" e "Celebrate New Life."[2]

O álbum alcanzou o R&B Top Ten, e acadou o número 95° nas listas de música pop, conseguindo a certificación de Ouro.[3]

Carreiras en solitario

[editar | editar a fonte]

En 1995, separáronse oficialmente para traballar nas súas carreiras en solitario e noutras áreas do seu interese. Ámbolos dous artistas pasaron a ter carreiras de éxito, recibindo numerosos premios e eloxios. Até a data, Bebe Winans lanzou seis álbums en solitario, mentres que CeCe Winans lanzou oito.

BeBe e CeCe Winans gravaron dúas veces como dúo durante esta pausa (antes de reunirse para o álbum de 2009 "Still") - "What A Child", un dueto no álbum CeCe 's Christmas His Gift e "Tonight Tonight", un dueto con Bebe nun álbum de 2000 do Love & Freedom.

Premios e homenaxes

[editar | editar a fonte]

BeBe e CeCe Winans gañaron tres premios Grammy, nove GMA Dove Awards, dous premios NAACP Image Awards, dous Soul Train Music Awards, numerosas Stella Awards, tres álbums de Ouro, é un álbum de platino.

  • 1988: New Artist of the Year
  • 1990: Group of the Year
  • 1990: Pop/Contemporary Álbum – Heaven
  • 1990: Pop/Contemporary Song – “Heaven”
  • 1990: Contemporary Gospel Song – “With My Whole Heart”
  • 1992: Group of the Year
  • 1992: Contemporary Gospel Song – “Addictive Love
  • 1998: Contemporary Gospel Song – "Up Where We Belong"
  • 2010: Urban Recorded Song – “Close To You”
  • 1990: Best Gospel Artist
  • 1992: Best Gospel Artist
  • 1990: Best Gospel álbum – Heaven
  • 1992: Best Gospel álbum – Different Lifestyles

Discografía

[editar | editar a fonte]

BeBe & CeCe Winans

[editar | editar a fonte]
  • 1984: Lord Lift Us Up (PTL)
  • 1987: BeBe & CeCe Winans (Sparrow/Capitol)
  • 1988: Heaven (BeBe & CeCe Winans álbum)|Heaven (Sparrow/Capitol)
  • 1991: Different Lifestyles]] (Sparrow/Capitol)
  • 1993: First Christmas (Sparrow/Capitol)
  • 1994: Relationships (Sparrow/Capitol)
  • 1996: Greatest Hits (Sparrow/EMI)
  • 2006: The Best Of BeBe And CeCe (Sparrow)
  • 2009: Still (B&C/ Malaco)[4]
  1. J. Matthew Cobb (31 de agosto de 2007). "80's Countdown". PraiseHymnOnline.com. Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2007. Consultado o 06 de outubro de 2012. 
  2. "BeBe & CeCe Winans on MSN Music". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2011. Consultado o 06 de outubro de 2012. 
  3. RIAA - Recording Industry Association of Ámerica - May 29, 2008
  4. CeCe Winans Website

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]